Na axenda podes consultar as actividades que vimos desenvolvendo e pensamos que che poden interesar. Pero este tamén é un espazo que poñemos á túa disposición, no que podes desenvolver os teus propios proxectos, ou celebrar eventos en compañía doutras persoas.
Contamos cun espazo de aproximadamente 90 m2, situado no centro de Vigo, no que ata 40 persoas atoparanse como na cociña de casa. Contas con cociña, vaixela, aveños etc., que poden facilitarche calquera reunión familiar, social ou laboral que queiras realizar con certa privacidade.