Axenda de Lar de Sopas
Próximas actividades que preparamos para ti...

Documental "O banco que se fundou sen diñeiro"
Ven a descubrir e compartir como se creou Fiar Banca Ética co documental "O banco que se creou sen diñeiro" e con moitas das persoas que estiveron na orixe do mesmo aquí no Galicia. Ter unha banca ética, que non colabora co comercio de armas e que prioriza a sustentabilidade nos proxectos que apoia é un gran desafío que podemos manter vivo coas nosas contas bancarias. Esperámosche para resolver todas as túas dúbidas.
Cando: 21/03/2025 - Ás 20:00 h
Onde: Lar de Sopas
Prezo: Entrada libre
Estes son algúns das eventos que celebramos...

Reserva este espazo para as túas celebracións
Se es parte de Lar de Sopas, poderás reservar o esapcio por 120,00 €. En calquera caso, cóntanos que necesitas e vemos alternativas.

Exposición Colaborativa
Goza con máis de 30 sopeiras de distintas procedencias, que mostran a beleza e diversidade de obxectos da vida cotiá, que son parte do noso imaxinario persoal e colectivo. Todos os luns, para facer visible a herdanza das avoas recompilamos receitas, preparamos e compartimos sopa, construimos novas narrativas... trenzando lazos de veciñanza. 11:00 h Faladoiro de recetas mentras cociñamos 13:00 h Tiempo de Sopa 16:00 h Novas narrativas na sobremesa

Presentación do proxecto colaborativo Sopa Babel
Se che gusta viaxar, coñecer outras xentes, outras linguas, falar, cantar, aprender, ensinar... Sopa Babel encantarache, ademais de gozar dunha tarde en boa compañia. Déixache sorpender. Esperámosche!!

Vermú Republicano
O 14 de abril de 1931 proclamouse a II República abríndose un tempo esperanzador de conquistas sociais e dereitos civís. A igualdade entre mulleres e homes, o dereito á educación ou a importancia dunha alimentación saudable para toda a poboación son só algunhas das conquistas daquel momento. Sen dúbida, aquel pasado é semente do noso presente. Ven a celebrar e se che apetece queda a comer!!

Mexigo! Fusión
Acompañanos no @lardesopas no proxecto Mexigo! Fusión. Dedicaremos o mes de maio ao intercambio cultural con México. Visita a exposición de Frida Kahlo, acode aos talleres e proxeccións de películas da man de @mexicanosengalicia. Participa no escenario aberto para darche voz a través da literatura durante a véspera das Letras Galegas. Goza connosco na gran festa da Noite das Fridas. A gastronomía mexicana de @kukulkan_é e as galegas @cuarzoverde.es reconfortarán os vosos estómagos durante os eventos.

Obradoiros co Natalia de Pan A Gusto
Aprende, experimenta e proba os segredos destas delicias culinarias 31 de maio: Empanadas, empanadillas e palitos con paté 7 de xuño: Bolos de cardamomo, galletas de alfarroba e abelás 14 de xuño: Pan integral fácil e sen amasado Se fas un taller cústache 25,00 €, se fas 2 talleres custa 22,00 € cada un e se fas os 3 sáenche a 20,00 € Ademais de degustar todo o que se prepare, levarás para casa masa para enfornar

Teatro: As cousas de María
Volvemos gozar do bo facer de María Alonso, nesta ocasión con As cousas de María. E despois poderemos conversar con ela e en boa compañía tomando algo e pasando un bo intre.

Sopanda Bingo
Sopanda Bingo é unha actividade mensual para dar soporte a proxectos ou soños que necesitan algo de financiamento. Nesta ocasión a recadación estará destinada ao blog A Foresta dás Avoas e á realización dun mural colaborativo bordado coas flores das nosas mulleres homenaxeadas. Ademais coñecerás a persoas interesantes, pasarás un bo intre e seguro que levas algún agasallo para casa. Aínda por riba, teremos a posibilidade de degustar boa empanada e sobremesa preparados por Natalia de Pan A Gusto, ademais doutras cousas ricas. Se xa estás a pensar nalgún proxecto que se podería financiar coa recadación de próximas Sopanda Bingo, cóntanolo.

No Outobro

Hilvanando Memorias
Cultivamos Memorias Emocionais Saudables e compartimos coñecementos e experiencias de vida mediante actividades que fomentan a apertura o intercambio dentro da comunidade: - Coversas con fundamento - Caminemos xuntas para mapeo emocional - Faladoiro da veciñanza

Eco Sumo Lab
Un laboratorio de acción comunitaria para a sustentabilidade da vida con charlas, obradoiros, degustación... experimentando e gozando de maneira colaborativa. Caixa inversa

Rizosfera emocional
Nos propuxemos para este 8 de marzo facer metáfora dunha palabra botánica, RIZOSFERA, que significa o espazo ocupado polas raíces, os seres vivos asociados e a terra que lles acolle, construíndo unha instalación que represente a nosa rizosfera emocional e que visbilice ás nosas generacions devanceiras, poñendo especial énfase na dimensión internacional, osea facer visibles ás persoas que proceden doutros territorios e que tiveron que saír dos seus fogares por distintas razóns, como non hai tanto tempo tivérono que facer tamén as nosas familias. Teremos esta actividade durante todo o mes de marzo.