Un lugar de encontro emocional para a construción de novas realidades baseadas na diversidade e a economía colaborativa

Unha pequena explicación sobre o noso proxecto...



Que é Lar de Sopas?

Que é Lar de Sopas?


Un LUGAR DE ENCONTRO educativo, social, cultural, gastronómico, emocional... onde compartir a herdanza das avoas e desenvolver habilidades para a xestión das emocións.

Atopasés unha LAREIRA SENSORIAL onde poder tocar, cheirar, sentir, gustar, preparar... infinidade de productos que utilizamos para cociñar, recuperando receitas de onte, hoxe e mañá.

É tamén un ESPAZO CREATIVO no que se poden concretar somos de maneira colaborativa.

Por que unha proposta deste tipo?


Porque queremos crear unha NARRATIVA COLECTIVA que visibilice o saber que se esconde nas historias vividas nas cociñas durante o século XX e as seus protagonistas: mulleres invisibles e poderosas.

Porque necesitamos ter EXPERIENCIAS REAIS e innovadoras que nos permitan aprender a ler o que sentimos e desenvolver habilidades para xestionar de maneira san esas emocións.

orque queremos construir un mundo mellor sendo coprotagonistas de NOVAS REALIDADES.

Por que Lar de Sopas?
Valores que inspiran Lar de Sopas

Que valores inspiran esta iniciativa?


Agradecer e reconocer á DIVERSIDADE como un factor de enriquecemento persoal, social e patrimonial.

Construcción do sentido de PERTENZA nunha comunidade líquida e diversa fortalecendo os vínculos de proximidade.

Promover unha ECONOMÍA COLABORATIVA para construir unha sociedade máis equitativa, inclusiva e participativa.