Colabora con Lar de Sopas e axúdanos a construír unha memoria das emocións

A túa pequena gran achega a Lar de Sopas

Calquera idea pode cociñarse con amor, paixón e colaboración...

Lar de Sopas é un proxecto ambicioso e en construción que quere facer visible a herdanza das avoas e favorecer a creación de vínculos entre xeracións, mentres aprendemos a coidarnos cociñando e recuperamos o pracer das pequenas cousas de cada día como descubrir novos sabores, comer en compañía, conversar, compartir diferentes puntos de vista, facer veciñanza...

Entendemos que na dificultade para establecer ou manter vínculos sans está a base de situacións altamente preocupantes (soidade, problemas de saúde mental, adiccións, abusos...).

O noso propósito é facer de Lar de Sopas un proxecto colaborativo, de valores cooperativos, ao que teremos que ir dando forma entre as persoas que nos vaiamos sumando. Todo o que aquí se recolle é un punto de partida e un horizonte cara ao que avanzar.

Se a idea gústache, decide o teu nivel de implicación para que o proxecto poida ser sostible. Ademais, se elixes Ser Parte terás que elixirche un ingrediente para facer parte desta nutritiva sopa que estamos a preparar.

Ser Parte

Ser Parte

Realiza a túa achega mensual polo período que desexes. Terás bonificacións nas actividades e no alugueiro do local.

1 mes = 5,00 €

Cupóns

Cupóns

Compra os cupóns que queiras para trocar nas actividades que sexan do teu interese.

1 cupón = 5,00 €

Doazón

Doazón

Fai unha doazón ao proxecto. Por cada 5,00 € plantaremos unha árbore autóctona para previr incendios forestais.

Introducir só díxitos (sen comas, puntos ou céntimos)

Xa contamos cun espazo acolledor onde ir concretando estas ideas, unha cociña comedor na que xuntarnos para gozar do tempo e a compañía sen présas, que tamén podes reservar para celebracións, formacións, eventos de distinto tipo e condición...

Está situado na Avenida García Barbón, 96 de Vigo, con capacidade para 40 persoas.

Gústanos tamén facer explícitos os principios que están expostos en Lar de Sopas para orientarnos nun espazo compartido:

  • Recoñecemos a diversidade como un factor de enriquecemento colectivo, persoal, social e natural.
  • Gústanos a xente que pensa diferente.
  • Cada persoa é responsable de se e contribúe como pode ao benestar do grupo.
  • Damos valor ás nosas emocións como un elemento de crecemento persoal e colectivo.
  • Acompañámonos de maneira colaborativa e entre xeracións para ampliar a mirada, con confianza e reciprocidade.
  • Facemos unha aposta pola economía circular, a economía social, a economía azul e o trueque.
  • Non apoiamos directa ou indirectamente entidades que atentan contra a dignidade das persoas ou o ben común.

Gustaríanos gozar contigo nalgunha das cousas que facemos, ou quizais tes algo novo que propoñer.

Non dubides en contactar con Lar de Sopas se tes calquera dúbida ou inquietude; estamos a desexar crecer e non é posible sen persoas que compartan a nosa maneira de imaxinar o futuro.